luns, 31 de marzo de 2014

NOTICIA!!!!!!

INFORME PERRY!!!!

Infórmovos dunha noticia moi importate que acabo de ver no xornal dixital "NoticiasGalicia.com". Esta noticia influéncianos a todas as persoas que usamos dispositivos Android, que seríamos máis de mil millóns de usuarios.
 Según unha investigación da Universidade de Indiana, o sistema operativo Android, que utilizamos en tablets e móbiles, ten unha brecha de seguridade considerada como critica que está sendo investigada por Google.
Para que poidades consultar máis a fondo a noticia e que poidades consultar os consellos que nos ofrecen, póñovos a continuación o link da noticia:

Noticia

Con todo isto.... Ónde está Perry???

luns, 24 de marzo de 2014

Noticiaa!!!!

Informe Perry!!!!

Moi boas seguidores de Perry, mirando na rede encontrei unha noticia moi boa e importante para se queredes crear o voso propio xornal. Tratase dunha noticia que recolle o xornal dixital de "La Voz de Galicia" na que se convoca o novo concurso do ano 2013/2014 de Prensa-Escuela. Nel, premiaranse ós mellores blogs con carácter de xornal e ós mellores peridistas xuvenís e infantís participantes.

Aqui vos deixo o enlace para que poidades consultar mais información, e anima¡ádevos a participar :
Concurso de Prensa Escola

Calaméo

Moi boas amigos de Perry!!!
Calaméo é unha ferramenta 2.0 que permite crear textos online e subir documentos nos formatos máis comúns: PDF, DOC, PPT e arquivos de openOffice e, convertelos en publicacións dixitais. É moi semellante a outras ferramentas como poden ser ISSUU ou FlipSnack.
Deixovos un titorial coas instrucións para aprender a utilizalo:


E a todo isto..... Ónde está Perry?
Boas perryanos!!

Como de costume, os luns toca novas noticias para refrescaros sobre temas de interese. Esta vez vai ser un link onde podedes visitar a prensa escolar que levan a cabo moitos centros de Andalucía, tanto de Educación Infantil, como Primaria, como Secundaria.
O motivo disto é poder achegarnos un pouco máis a introducción das TIC nas escolas, xa que non é algo difícil, senón que o que fai falla é iniciativa e boa disposición ante os imprevistos que poidan xurdir.
Polo tanto, póñovos a continuación a url onde podedes ver diferentes proxectos de periódicos ou revistas dixitais.
Espero que sexan do voso agrado seguidores.

E...ónde está Perry?



Prensa escolar electrónica de Andalucía

xoves, 20 de marzo de 2014

luns, 17 de marzo de 2014

A prensa na Educación Primaria

E... ónde está perry?

Scribus

INFORME PERRY¡¡¡

Moi boas seguidores de Perry¡¡¡

Hoxe ímovos falar do programa Scribus. Trátase dun programa de maquetación de páxinas de uso libre, que ofrece un gran rendemento na creación de publicacións por ordenador. Este programa está deseñado para poder crear presentacións animadas e interactivas en PDF e formularios. Esto será moi útil para a súa aplicación de xornais, folletos, boletíns de noticias, carteis e libros.

Para a súa instalación déixovos aquí un enlace con todos os pasos que son necesarios, explicados de maneira clara:
Pasos da instalación

Para mais dúbidas engado o enlace da páxina de Scribus onde aparece información sobre cómo crear un novo documento, elementos visuais que se poden empregar, barras de ferramentas....
Páxina Scribus

Con todo isto.... Ónde está Perry???

mércores, 12 de marzo de 2014

Xornal dixital escolar

Ola Perryanos!!

Hoxe vouvos deixar uns links onde aparecen xornais dixitais feitos por rapaces coma vós, que están cursando Educación Primaria en escolas galegas. Deste xeito ides vendo como son e collendo ideas para a publicación do noso. Ata pronto Perryanos!!!

A VOZ DE FRIAN

A TARTARUGA

Online Convert

INFORME PERRY¡¡¡

Moi boas seguidores de Perry, nesta entrada vouvos falar do programa gratuito Online Convert. Trátase dunha páxina na cal poderemos convertir, de forma gratuita, diversos tipos de arquivos, fotos, películas..... A continuación, póñovos o enlace da paxina:

 Online Convert

Agora engádovos un vídeo tutorial realizado por mín para explicarvos cómo utilizar a páxina do conversor:


Con todo isto.... Ónde está Perry??

martes, 11 de marzo de 2014

A cor axeitada dun xornal


Bos días perryanos!

Durante moitos séculos, a prensa vivíu unha realidade sen cor, en branco e negro. Tamén, o cine e a televisión nacen en branco e negro pero a diferencia da prensa, en moi poucos anos transformáronse en cor. 

SP , o primeiro diario europeo en offset que saíu á rúa con cor, editado en Madrid nos anos sesenta, e dirixido por Rodrigo Royo, fracasou de forma estrepitosa, entre outros motivos por haberse adiantado ó seu tempo. Contou cunha tecnoloxía moi avanzada, pero a sociedade española non estaba preparada para entender aquela auténtica revolución.

Unha das claves para conseguir unha mellor calidade na impresión fundaméntase na calidade da máquina impresora á que se incorporan os máis modernos procesos informáticos para controlar a tirada e os corpos da rotativa.

A cor nun xornal ven determinado en función da parte na que o queremos poñer: 

a) Os titulares, por frecuencia sóese utilizar cores como o vermello, quente, frente ó azul, que é máis frío.
b) Os fondos tramados, que "envolven" os títulos e os textos según a cor que se elixira para os fondos-masa, dunha soa cor ou con xogos de mezclas.
c) As raias ou cerres, co que se logra un gran impacto. Soen ser raias en vermello ou azul, en magenta, en verde, mezclas, etc.
d) As tramas, o bitono azul (para a imaxen do ceo) ou vermello (a imaxen dun incendio) e incluso para o anuncio publicitario.
Para máis información podedes visitar a seguinte páxina: A cor dun xornal


E... ónde está Perry?


venres, 7 de marzo de 2014

Qué precisas para facer un xornal dixital?

Informe Perry!!

Qué precisas para facer un xornal dixital? Pois faiche falta un equipo técnico e un equipo de persoas coas que poder traballar.

- O equipo técnico baséase principalmente nun bo ordenador, que teña un programa informático tipo Quark Xpress, e que che facilite incluso a autoedición. Na actualidade escríbese directamente sobre un teclado informático, on line ou non, capaz de xerar entradas informativas básicas que non van a requirir reescritura. Este sistema, que se atopa instalado en tódalas redaccións, ofrece unha maior eficacia e axuda para que o xornal teña mellor calidade.

- Contar cun equipo de persoas capaz de levar a cabo e con garantías un determinado proxecto é un dos maiores activos empresariais. Se te consideras responsable dese equipo, ten en conta que "un xefe é un home que precisa de outros". O primeiro que tes que considerar é cántas persoas preciso para facer o meu periódico e se precisarás dun " segundo de a bordo" que sexa de confianza,  e se tes claro cómo distribuír as funcións, e con cántos colaboradores podes contar. Hai que comezar a dar respostas. O número de axudantes vai  depender da periodicidade e dos contidos que estes disposto a ofrecer en cada número.




Para más información: Ministerio de educación

luns, 3 de marzo de 2014

Issuu

Informe Perry¡¡¡¡¡

Moi boas seguidores e seguidoras do noso blog e de Perry. Nesta entrada amosareivos a ferramenta online Issuu. Este é un servicio online que permite publicar e compartir na rede documentos como portafolios, revistas ou informes cun formato de visualización atractivo e dinámico. Caracterízase pola posibilidade de que outros usuarios vos localicen, compartan ou opinen sobre vós, dende o perfil persoal do autor ou a través de grupos. Polo tanto, Issuu pódenos ser a ferramenta ideal para ter os nosos xornal escolar para que o poidan visitar e leer.

A páxina de Issuu está en inglés, pero para solventar calquera duda de cómo é o seu funcionamento póñovos a vosa disposición o enlace dunha páxina onde vos aparece, entre outras cousas, as claves para a sua utilización.

O enlace é: Cómo funciona

O enlace da páxina de Issuu é: Issuu. Nela será onde vos rexistraredes, se estades interesados, e poderedes facer todos os pasos que vos aparecen no enlace anterior para poder crear os vosos xornaís escolars ou documentos que queirades amosar os demais.

Con todo isto...... Ónde está Perry???