Informe
Perry!!
Qué precisas para facer un xornal dixital? Pois faiche
falta un equipo técnico e un equipo de
persoas coas que poder traballar.
- O equipo técnico baséase
principalmente nun bo ordenador, que teña un programa informático tipo Quark
Xpress, e que che facilite incluso a autoedición. Na actualidade escríbese
directamente sobre un teclado informático, on line ou non, capaz de xerar
entradas informativas básicas que non van a requirir reescritura. Este
sistema, que se atopa instalado en tódalas redaccións, ofrece unha maior
eficacia e axuda para que o xornal teña mellor calidade.
- Contar cun equipo de persoas capaz de
levar a cabo e con garantías un determinado proxecto é un dos maiores activos
empresariais. Se te consideras responsable dese equipo, ten en conta que
"un xefe é un home que precisa de outros". O primeiro que tes que
considerar é cántas persoas preciso para facer o meu periódico e se precisarás
dun " segundo de a bordo" que sexa de confianza, e se tes claro cómo distribuír
as funcións, e con cántos colaboradores podes contar. Hai que comezar a dar
respostas. O número de axudantes vai depender da periodicidade e dos
contidos que estes disposto a ofrecer en cada número.
Para más información: Ministerio de educación
Ningún comentario:
Publicar un comentario