A tipografía que utilices no diseño da páxina debe pertencer a familias que ofrezcan boa lexibilidade na pantalla do ordenador e que non presenten problemas cos navegadores. Soen utilizarse tipos de letras similares, denominados "de pantalla". Ademáis, ten en conta que a pantalla dun ordenador está limitada espacialmente. Hai que buscar a lexibilidade do formato dixital. Para elo podes utilizar barras de movemento (que impedirá coñecer a extensión do texto) ou crear enlaces para que a extensión do texto coincida coa da pantalla.
É aconsellable manter o esquema da pirámide invertida nas informacións. Como nos xornais de papel, tendrá as súas seccións. A extensión dos textos ten que ser breve. Recoméndase que ocupe como máximo unha páxina. Os antecedentes e o contexto da noticia débense colocar na rede e o lector acudirá a eles mediante un click .
Se para elaborar unha páxina dun diario en papel requírense textos, columnas, grabados, recursos, etc., para a confección dunha páxina web tamén se necesitan: elementos textuales e gráficos, recursos visuales, servicios añadidos e publicidade e servicios comerciais.
- Elementos textuais .- Os encabezados soen ser máis simples nas edicións dixitales e o normal é un titular sen antetítulo nin subtítulo. O corpo a utilizar non debe superar ós 12 ou 14 puntos. Poden ir subraiados e en azul, verde ou vermello. Os textos preséntanse a unha columna, cun corpo entre 10 e 12 puntos, alineados á esquerda e, ás veces, acompañados dalgunha fotografía. Existe a posibilidade de acceder a páxinas en formato PDF (Portable Document Format - Formato de Documento Portátil) que se descargan a través da Rede e que se visualizan co Adobe Acrobat Reader.
- Elementos gráficos e multimedia .- Fotografías, dibuxos, gráficos ocupan pouco espazo e móstranse en pouco tempo se se utiliza un formato de baixa resolución como o GIF (Graphics Interchage Format - Formato de intercambio gráfico) ou un formato que comprima o peso da imaxen como el JPG (Joint Photographic Experts Group - Grupo de expertos fotográficos). Para a utilización de recursos multimedia é conveniente acudir á Real Media (Real Audio e Real Video), á Windows Media Player ou á QuickTime Player ou Itunes (Mac) que soportan o formato de son MP3.
- Recursos visuais .- Os máis característicos son os links ou enlaces que permiten ampliar o contido sobre un tema grazas ó hipertexto. Poden ser internos, se utilizan nos titulares de portada, nos índices e nos sumarios, e externos que permiten hiperenlaces con calquera servidor do mundo. Outros recursos son frames ou marcos, as tablas, os mapas, fondos, etc.
- Servicios engadidos .- Son valores que incorporan informacións complementarias, formas útiles de acceso á información, servicios de comunicación co lector, xogos e pasatempos.
- Publicidade e servizos comerciais .- Os diarios dixitais son gratuitos. A publicidade é a súa principal fonte de ingresos. De momento non son rentables e algúns medios plantéxanse cobrar polo servizo ó consumidor, como os xornais impresos de papel. A forma de anunciarse nun xornal dixital é mediante o banner (bandera) e o seu coste varía según o número de visitas que recibe a páxina na que va insertado.
Para máis información pódese consultar a seguinte páxina: Creación dun xornal
E... ónde está Perry o noso dibuxo preferido?

