domingo, 2 de febreiro de 2014

A importancia das TIC

¡¡¡INFORME PERRY!!!

Vivimos nunha sociedade completamente inmersa nun desenvolvemento tecnolóxico onde as Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) están cambiando a nosa vida día tras día. Obviamente este cambio tamén afecta á ensinanza.

Temos que aprender que o uso das TIC pode resultar un importante apoio na aula tanto para os estudantes como para o docente. ¡¡¡¡OLLO!!!! ¡¡Esto é importante!! Como xa dixemos, as TIC son unha ferramenta de apoio, non unha sustitución do mestre. 

Dende ordenadores, tabletas, teléfonos móbiles, pizarras electrónicas...todo pode axudar ao alumnado a aprender dunha maneira máis divertida. Todo conxunto de estímulos visuais e auditivos que podemos crear coas TIC, axuda a captar a atención dos educandos. 

A continuación, déixovos un vídeo que nos mostra a importancia do uso das tecnoloxías ó longo da historia. Está en inglés, así poderedes repasar un pouquichiño o que destes en clase. Se non sabedes o que significa, non dubidedes en preguntar:

Finalmente, decirvos que a tecnoloxía danos moitísimas oportunidades, non as desaproveitemos.

E unha cousa na que levo xa un rato pensando, alguén sabe...

... onde está Perry??????

Ningún comentario:

Publicar un comentario