Moi boas seguidores do blog de Perry, con esta entrada mostrareivos un resume de cómo foi evolucionando a prensa ó longo da historia.
Neste apartado ofrécesevos un pequeno resume sobre a evolución da prensa e, para maior información e por se queredes concretar máis na historia da prensa, engádovos un link á páxina facilitada polo Ministerio de Educacion sobre a evolución da prensa, páxina que, ademáis, vos ofrece unha actividade sobre a prensa.
A prensa existe grazas á escritura. A escritura xurdiu en Mesopotamia antes do 3000 a.C aínda que ata o ano 800 a.C os gregos non crean un alfabeto coas bases parecidas ó noso.
O comenzo, creábanse publicacións ocasionais como na Roma Republicana, considerándose estas como os primeiros xornais escritos, datados da época do famoso emperador Julio César. Séculos despois, xa falamos da Idade Media, coa introdución do papel a través do comercio cos paises asiáticos, a proliferación das universidades en Europa axudan a propulsar a escritura. O descubrimento de América, fixo que a sociedade se interesara por saber que pasaba e ocurría polo mundo; cál era a situación, xurdindo así a figura do copista, figura moi determinante na historia da prensa.
No Renacemento, manexábanse xa catro tipo de documentos: as crónicas, as narracións históricas propagandísticas e institucionais, os almanaques e os avisi. Coa continua demanda da xente por buscar a información e a incapacidade dos copistas para satisfaer tanta demanda búscanse novos métodos de impresión, de ai que a chegada da imprenta creada por Gutenberg no ano 1450, permitira o paso do manuscrito ó impreso.
O xornalismo impreso é algo que se mantén aínda agora nos nosos tempos. Sufriu evolución en canto ás maquinarias, pero no fondo segue consistindo no mesmo. A técnica que se emprega é a denominada impresión offset. Con este tipo de impresión, o que se fai é aplicar unha tinta oleosa sobre unha superficie metálica.
Nos últimos anos, dende o boom da tecnoloxía dixital, os xornais tamén comezaron a aparecer no ámbito tecnolóxico. O 9 de xuño de 1994 é cando o New York Times inagurou o seu servizo online poidendo así os clientes de dito xornal recibilo no seu ordenador a través da línea telefónica. Este tipo de xornais presenta a vantaxe da súa inmediatez e o seu gran volumen para gardar información. O primeiro xornal dixital en España data do 9 de xuño de 1998 e tiña o nome de La estrella digital , elaborando tres edicións diarias de luns a venres.
Por agora, os xornais dixitais e impresos conviven, pero chegará un dia que polo abaratemento de custos e comodidade poida que os xornais impresos desaparezcan.
O link que vos engado pra complementar a informacion é o seguinte:
Ministerio de Educación
E con todo isto..... Ónde está Perry?????
Ningún comentario:
Publicar un comentario