domingo, 23 de febreiro de 2014

Cómo crear o teu propio xornal dixital

INFORME PERRY¡¡¡¡¡
Esta semana adicaremos esta entrada a falar sobre un programa denominado Genews, o cal permite crear e xestionar de forma sinxela o teu propio periódico ou revista online.
A través deste atractivo programa poderás deseñar a estructura do teu informativo, engadirlle publicidade, archivos de audio, vídeos, fotografías, diferentes gadgets, etc.

Genews permite, entre outras moitas opcións para personalizar a túa publicación, incorporar ó teu periódico a opción do multiidioma ca cal traducirá as túas noticias a outros idiomas para que non existan barreiras entre os teus lectores internacionais e ti, así como,organizar os contidos en diferentes seccións para facilitar así ó lector a busca de información.

Tamén incorpora espazos de discusión nos que o lector pode mostrar a súa opinión sobre as diferentes noticias. Este grado de interactividade constitúe un dos puntos máis favorables do periodismo dixital, pois permite estar informados de primeira man sobre os gustos ou tendencias dos lectores ademais de crear vínculos con eles.


É, na miña opinión, un programa moi útil e doado de manexar co que ata os máis pequenos se poderán iniciar na súa propia creación online. A continuación, deixo o enlace coa información detallada de cómo empregar Genews, e o enlace para entrar na paxina de Genews.

Enlace explicativo:
Explicación

Enlace a la pagina:
Genews

E con todo isto.... Ónde está Perry?

Ningún comentario:

Publicar un comentario