Un periódico en línea ou diario dixital é a edición dun periódico que utiliza Internet como o seu principal medio de difusión.
No noso periódico dixital ''O xornal de Perry'', intentaremos subir novas o máis frecuente posible sobre temas moi variados e actualizados, como poden ser as festas típicas de Galicia; Semana Santa; Maios; Letras Galegas... Pero ademais disto, tamén teremos seccións de ocio e tempo libre como poden ser crucigramas; adiviñas ou sopas de letras. Tamén haberá un apartado de concursos onde se informará todos os que hai abertos e os futuros gañadores deles.
Non podemos esquecernos tampouco dunha parte importante como son as páxinas adicadas a persoas importantes ou a inventos. Ademais do apartado ''Teoría'' onde cada vez que actualicemos aparecerá explicado algo novo que esperemos que vos sirva de gran axuda.
Isto só é o principio pero en nada porémonos mans á obra. Deica logo Perryanos
E... Ónde está Perry?

Ningún comentario:
Publicar un comentario