luns, 24 de febreiro de 2014

A crise impulsa a presenza de maiores de 30 na Universidade

Un alumno distinto do vinteañeiro recén saido do instituto acude agora ás facultades españolas, cada vez en maior proporción e con un crecemento imparable na última década: ten máis de 30 anos e volve ou chega por primeira vez á universidade, en parte empuxado pola falta de oportunidades laborais, pero tamén porque nos países desenrolados a tendencia é que a poboación universitaria sea cada vez máis madura. En España, coincidiron coa crisis (dende 2007), os estudiantes dunha carreira de máis de 30 años creceron un 18,4%. Nos últimos 10 anos o aumento chega ata o 167%.
O fenómeno non é recente, ven producíndose durante a última década, pero, según os expertos, ampliouse pola crisis. “Nun momento co alto nivel de desempleo, a formación diferencia máis á hora de acceder a un trabajo ou conservarlo”, apunta Mariano Fernández Enguita, catedrático de Socioloxía na Universidade Complutense de Madrid. “O coste de oportunidad de estudar, ademáis, disminúe, porque a xente renuncia a un traballo que non lle satisface ou que directamente non ten”, señala. Do total de 1.450.036 estudantes matriculados nun grao no curso 2012-2013, un 17,6% ten máis de 30 anos, según os datos do Ministerio de Educación recollidos no informe Datos básicos del sistema universitario español, presentado a semana pasada. Un estudante maduro que heteroxeneizou a poboación dos campus: a maioría, un 42%, chega directamente do instituto (entre 18 e 21 anos) e un 27,9% enconcóntrase na franxa de edad dos 22 e 25 anos, pero os de máis de 25, que xa deberían haber acabado a carreira se a empezaran nada máis terminar o bacharelato (un grao dura catro anos e as antigas licenciaturas cinco), son xa o 30%, entre os que superaron a treintena e os que teñen entre 26 e 30 (que son un 12,3%). No caso dos másteres, o porcentaxe de alumnos maiores de 30 chega ó 35%, unha cifra similar á de cursos anteriores.
Un estudo dirixido en 2011 por Ariño e Ramón Llopis, titulado¿Universidad sin clases? Condiciones de vida de los estudiantes universitarios en España, diferencia dous grandes grupos de países: “Aqueles nos que os estudantes soen iniciar a súa carreira universitaria antes dos 20 (como Francia, onde representan o 90%) e aqueles nos que a maioría o fai entre 20 e 25 anos (en Finlandia, por exemplo, os menores de 20 anos non son máis do 1%)”. España sitúase no segundo grupo, con cada vez maior proporción de estudantes maduros. “Pero a situación española está moi lexos dos países nórdicos e non existe tradición de pospor o comezo da etapa universitaria”, señala Inés Soler, a investigadora que se ocupou do tema no informe. A formación a distancia é a opción maioritaria dos estudiantes maduros, que xeralmente ten que compatibilizala cun traballo u ocupacións familiares. Basta un dato: a UNED aglutina en torno ó 40% de todos os estudantes trintañeiros de grao dun país, según as cifras da propia Universidade a Distancia. 
Un elemento novo, que todavía non deu tempo a que se reflexe nos datos, pode trastocar esta tendencia é a fortísima subida de tasas de fai dous cursos, que supera o 60% en comunidades como Madrid e Cataluña. Ariño apunta que o perfil maioritario do alumno maduro é o que provén das clases sociales máis débiles, que busca unha segunda oportunidade nos estudios. “Cabe sospechar”, avanza o sociólogo, “que o encarecimento das carreiras va a acabar expulsando a ese colectivo”.

Para máis información podedes consultar o seguinte enlace: El país


E ónde está Perry, amigos?

Ningún comentario:

Publicar un comentario