luns, 10 de febreiro de 2014

ORGANIZACIÓN INTERNA DUN XORNAL

Bos días Perryanos, xa era hora de subirvos algo que pode ser do voso interese. 


En primeiro lugar, quería explicar o motivo de esta entrada. A razón pola cal decidín escribirvos isto é sumamente informativa para que coñezades un poco a estructura dun xornal, así como os diferentes tipos e características de cada un. Ben, prosigamos entón.

A estructura interna refírese á forma en que se organiza a información, onde se poden atopar diferentes seccións. Cada xornal vai ser o encargado de decidir cál sección quere incluír e de qué maneira. Podemos atopar distintos tipos: 

- Nacionais.
-Internacionais.
-Espectáculos.
-Deportivas.
-Culturais.
-Sociais.
-Bursatil ou financieiras.
- Avisos.
-Xudiciais.

Tamén podemos atopar textos con temáticas especiais como a editorial, cartas ó director, anuncios, etc. Aparte de todas estas seccións que aparecen diariamente, moitos xornais os fins de semanas soen ofrecer suxerencias adicionais sobre actividades de tempo libre ou reportaxes de carácter especiais. 

Agora vamos a ver os diferentes xéneros dun xornal:


- INFORMATIVOS

Dentro de este tipo vai haber 3 subtipos que cabería destacar:

- NOTICIA: Son narracións de acontecementos de carácter veraz, actual, novedoso e interesante. A estructura interna soe responder a unha pirámide invertida; é dicir, do xeral ó máis concreto. Este subtipo responde ás chamadas seis "W" en inglés: qué, cándo, ónde, por qué e quén.

- REPORTAXE: é unha noticia pero moito máis ampliada.

- ENTREVISTA: Non só se axusta a pregunta-resposta, senón que tamén se para en descripcións e comentarios que se dan nun diálogo entre dous ou máis persoas. Moitas veces fai alusión á transcripción que se leva a cabo nun momento determinado da entrevista.


- INTERPRETATIVOS

Dentro de este xénero tamén vai haber subtipos:

- EDITORIAL: É un escrito periodístico que expón o punto de vista do propio periódico sobre os acontecementos máis relevantes para intentar orientar e influir na interpretación e na comprensión das causas e efectos. Non ten firma ou autor.

- ARTÍCULOS PERIODÍSTICOS:

 * Opinión: plantexa xuícios, detalles ou valoracións sobre feitos xa ocurridos co fin de interpretar e analizar. Están firmados polos seus autores xa que expresan a súa propia opinión. Aparecen publicados na páxina editorial. 
 * Fondo.

- CRÓNICA: Narración de acontecementos de acordo a un orden temporal. Alterna narración e comentario: interpreta os feitos, os valora, amplía e ordea. Pode abarcar diferentes ámbitos (deportivo, parlamentario, literario...). Dentro da crónica temos a reseña crítica e a caricatura.


- HÍBRIDO

- COLUMNA: É un xénero periodístico que proporciona información sobre un ou varios temas tratados de forma áxil e breve. Está firmada polo nome ou seudónimo do autor que a escribe.



E... ÓNDE ESTÁ PERRY?

Ningún comentario:

Publicar un comentario