luns, 17 de febreiro de 2014

MOODLE


INFORME PERRY¡¡

Moi boas seguidores de Perry, con esta entrada vouvos a falar da aplicación Moodle. Moodle é unha aplicación web de tipo Ambiente Educativo Virtual, un sistema de xestión de cursos, de distribución libre, que axuda ós educadores a crear comunidades de aprendizaxe en línea. Este tipo de plataformas tecnolóxicas tamén  se coñecen como LCMS (Learning Content Mnagement System).

Esta plataforma baséase nun deseño das ideas do constructivismo en pedagoxia que afirman que o coñecemento se contrúe na mente do estudiante en lugar de ser transmitido sen cambios a partir de libros ou enseñanzas  é no aprendizaxe colaborativo. Un profesor que opera dende esta aplicación crea un ambiente centrado no estudiante que lle axuda a construir ese coñecemento coa base máis as súas habilidades e coñecementos en lugar de simplemente publicar e transmitir a información que se considera que os estudiantes deben coñecer.

Estas ferramentas son de grande utilidade no ámbito educativo, xa que permiten os profesores a xestión de cursos virtuais para os seus alumnos  ou a utilización dun espacio en liña que dea apoio á presencialidade. Outro factor beneficioso que ten é que respaldan a integración grupal, ó mesmo tempo que permite a conversacion privada entre os estudantes. Os estudantes poden contribuir á vez, ver as observacións e comentarios expresados polos demais... O único malo é que é necesario ter Internet para poder empregalo.

 Por certo, Moodle é unha aplicación gratuita, asi que só vos teríades que rexistrar no enlace Moodle e a disfrutar da ensinanza online

E con todo isto..... Ónde está Perry??

Ningún comentario:

Publicar un comentario