martes, 11 de marzo de 2014

A cor axeitada dun xornal


Bos días perryanos!

Durante moitos séculos, a prensa vivíu unha realidade sen cor, en branco e negro. Tamén, o cine e a televisión nacen en branco e negro pero a diferencia da prensa, en moi poucos anos transformáronse en cor. 

SP , o primeiro diario europeo en offset que saíu á rúa con cor, editado en Madrid nos anos sesenta, e dirixido por Rodrigo Royo, fracasou de forma estrepitosa, entre outros motivos por haberse adiantado ó seu tempo. Contou cunha tecnoloxía moi avanzada, pero a sociedade española non estaba preparada para entender aquela auténtica revolución.

Unha das claves para conseguir unha mellor calidade na impresión fundaméntase na calidade da máquina impresora á que se incorporan os máis modernos procesos informáticos para controlar a tirada e os corpos da rotativa.

A cor nun xornal ven determinado en función da parte na que o queremos poñer: 

a) Os titulares, por frecuencia sóese utilizar cores como o vermello, quente, frente ó azul, que é máis frío.
b) Os fondos tramados, que "envolven" os títulos e os textos según a cor que se elixira para os fondos-masa, dunha soa cor ou con xogos de mezclas.
c) As raias ou cerres, co que se logra un gran impacto. Soen ser raias en vermello ou azul, en magenta, en verde, mezclas, etc.
d) As tramas, o bitono azul (para a imaxen do ceo) ou vermello (a imaxen dun incendio) e incluso para o anuncio publicitario.
Para máis información podedes visitar a seguinte páxina: A cor dun xornal


E... ónde está Perry?


Ningún comentario:

Publicar un comentario