luns, 14 de abril de 2014

Boceto do noso xornal

Boas perryanos

Cómo estades a pasar a Semana Santa? Ben, non? Sen clase ou sen traballo a maioría como para non, aínda que non hai que descoidar o deber.
O motivo desta entrada era a de informavos como vai a ser o noso proxecto final. Consistiría nun periódico, como xa dixemos en máis dunha ocasión, que vai dirixido ós alumnos do terceiro grao, máis concretamente de sexto de Educación Primaria do colexio San Estanislao de Kotska.
As temáticas a abordar son varias: días importantes que teñen celebracións os nenos e as nenos no colexio; saídas escolares; excursión de fin de curso; actividades para os pais; actividades extraescolares que ofrece o centro para os rapaces e as rapazas; concursos que ofrece o centro ou a Administración, a gradación de sexto de Primaria e unha sección de pasatempos.

Éste vai ser o boceto polo que nos vamos a rexir para elaborar o noso xornal; O Xornal de Perry.

Esperamos rematalo axiña para podervos ensiñalo.

Un saúdo e, ónde está Perry?

Ningún comentario:

Publicar un comentario