A estas alturas do cuadrimestre é
necesario facer una pausa e pensar nos posibles temas ou temáticas que
podería ter o noso xornal porque o tempo corre e estamos ansiosos por
ensinarvos o proxecto final. Na miña opinión, uns bos temas dos que
poderíamos tratar serían:
- Actividades extraescolares que ofrece o centro.
-Falar dun curso determinado (saídas, días laborais e festivos,
traballo que están a realizar, avaliación…).
- Informar dunha excursión dun curso determinado (planificación,
lugares a visitar, experiencias…).
-Actividades familiares que ofrece o centro para un curso determinado.
- Problemas que afectan ós nenos actualmente (acoso escolar, posibles causas do baixo rendemento escolar nalgún casos, acoso na rede, embarazos non deseados…).
- Problemas que afectan ós nenos actualmente (acoso escolar, posibles causas do baixo rendemento escolar nalgún casos, acoso na rede, embarazos non deseados…).
-Sobre a educación en xeral (reformas, para que así os
pais e os alumnos sepan de que trata cada cambio introducido no sistema educativo español).
-Sobre as diferentes instalacións
ou servizos que
ofrece o centro (aula de biblioteca, comedor, sala de estudos,
instrumentos dos que dispón o centro, asignaturas que se imparten,
modalidades, posibles saídas que poden escoller os nenos ó rematar todos
os cursos que imparte o centro…).
-A educación en valores: informar sobre hábitos de
hixiene, consumismo, convivencia, tolerancia, cultura española, festas típicas
(sobre todo en Ourense), nutrición, saúde, coeducación…
-Actividades que poden facer para mellorar a
relación familiar cos nenos e mellorar así o seu rendemento académico.
Espero que vos gusten os temas
que eu escollín como bos topics, aínda que logo a temática a abordar
pode ser outra que digan os meus compañeiros.
E... ónde está Perry?
Ningún comentario:
Publicar un comentario