domingo, 4 de maio de 2014

Realidade Aumentada

Boas Perrynianos!!!

Agora ímosvos a falar doutra ferramenta TIC moi interesante coa que podemos facer cousas con realidade aumentada.

Cando falamos de realidade aumentada, falamos de visións a través de dispositivos mobiles. Un exemplo que todos podemos observar preto de nós é nun videoxogo que últimamente está collendo moita forza, os chamados Invizimals. Para explicar o que é a realidade aumentada, este xogo sérvenos de exemplo porque apuntando o noso dispositivo móbil á carta, podemos ver na pantalla a imaxe en 3D dunha silueta dun monstruo.

Básicamente nesto consiste a RA, a través dunha pantalla, ver algo que na realidade non está presente.

Para facer esta maxia, aconsellámosvos a aplicación LAYAR, completamente gratuita e descargable en dispositivos Android e Apple. Así, descargamos o noso lector de RA.

Pero de qué nos serve se non podemos crear estas RA, ¿Non creedes? Na páxina de LAYAR, podedes crear diferentes cousas deste tipo. Soamente tedes que crear unha conta e comezaredes a disfrutar desta fantástica aplicación.

Moita sorte e esperamos que vos guste.


Ningún comentario:

Publicar un comentario