sábado, 3 de maio de 2014

Xornal escolar

Moi boas Perryanos!!
Alégrame moito contarvos que o noso xornal escolar xa está rematado. Chámase "Xornal Escolar Auria" e está feito polos nenos e nenas de 6º de Primaria do colexio Estanislao de Kotska en colaboración cos seus profesores. O xornal divídese en dúas seccións, por un lado están as memorias, onde os rapaces contan dende o seu punto de vista as diferentes festas e celebracións que se realizaron no colexio, e por outro están as actividades extraescolares. Nestas páxinas explícaselles tanto a pais como alumnos as diferentes actividades que hai. O xornal remata con pasatempos (incluída unha webquest).
Esperamos que vos guste e que disfrutedes tanto lendo coma nós facéndoo.
No seguinte link podedes ver o xornal en pdf en dropbox: Xornal Escolar Auria pdf

Ningún comentario:

Publicar un comentario