xoves, 27 de febreiro de 2014

Creación dun xornal dixital

Para crear un xornal dixital debes coñecer que a linguaxe na que están escritas as distintas páxinas WEB e o que se usa para elaborar os diarios dixitales é o HTML (HyperText Mark-up Language - Linguaxe de Marcación de Hipertexto). Para escribir unha páxina en código HTML só se necesita un editor de texto e coñecer unha serie de etiquetas.
A tipografía que utilices no diseño da páxina debe pertencer a familias que ofrezcan boa lexibilidade na pantalla do ordenador e que non presenten problemas cos navegadores. Soen utilizarse tipos de letras similares, denominados "de pantalla". Ademáis, ten en conta que a pantalla dun ordenador está limitada espacialmente. Hai que buscar a lexibilidade do formato dixital. Para elo podes utilizar barras de movemento (que impedirá coñecer a extensión do texto) ou crear enlaces para que a extensión do texto coincida coa da pantalla.
É aconsellable manter o esquema da pirámide invertida nas informacións. Como nos xornais de papel, tendrá as súas seccións. A extensión dos textos ten que ser breve. Recoméndase que ocupe como máximo unha páxina. Os antecedentes e o contexto da noticia débense colocar na rede e o lector acudirá a eles mediante un click .
Se para elaborar unha páxina dun diario en papel requírense textos, columnas, grabados, recursos, etc., para a confección dunha páxina web tamén se necesitan: elementos textuales e gráficos, recursos visuales, servicios añadidos e publicidade e servicios comerciais.
  1. Elementos textuais .- Os encabezados soen ser máis simples nas edicións dixitales e o normal é un titular sen antetítulo nin subtítulo. O corpo a utilizar non debe superar ós 12 ou 14 puntos. Poden ir subraiados e en azul, verde ou vermello. Os textos preséntanse a unha columna, cun corpo entre 10 e 12 puntos, alineados á esquerda e, ás veces, acompañados dalgunha fotografía. Existe a posibilidade de acceder a páxinas en formato PDF (Portable Document Format - Formato de Documento Portátil) que se descargan a través da Rede e que se visualizan co Adobe Acrobat Reader.
  2. Elementos gráficos e multimedia .- Fotografías, dibuxos, gráficos ocupan pouco espazo e móstranse en pouco tempo se se utiliza un formato de baixa resolución como o GIF (Graphics Interchage Format - Formato de intercambio gráfico) ou un formato que comprima o peso da imaxen como el JPG (Joint Photographic Experts Group - Grupo de expertos fotográficos). Para a utilización de recursos multimedia é conveniente acudir á Real Media (Real Audio e Real Video), á Windows Media Player ou á QuickTime Player ou Itunes (Mac) que soportan o formato de son MP3.
  3. Recursos visuais .- Os máis característicos son os links ou enlaces que permiten ampliar o contido sobre un tema grazas ó hipertexto. Poden ser internos, se utilizan nos titulares de portada, nos índices e nos sumarios, e externos que permiten hiperenlaces con calquera servidor do mundo. Outros recursos son frames ou marcos, as tablas, os mapas, fondos, etc.
  4. Servicios engadidos .- Son valores que incorporan informacións complementarias, formas útiles de acceso á información, servicios de comunicación co lector, xogos e pasatempos.
  5. Publicidade e servizos comerciais .- Os diarios dixitais son gratuitos. A publicidade é a súa principal fonte de ingresos. De momento non son rentables e algúns medios plantéxanse cobrar polo servizo ó consumidor, como os xornais impresos de papel. A forma de anunciarse nun xornal dixital é mediante o banner (bandera) e o seu coste varía según o número de visitas que recibe a páxina na que va insertado.
O soporte técnico básico constitúese por un ordenador cunha capacidade para ser usado como Servidor de contidos cuxa potencia deberá estar en función do número de conexións simultáneas que preveas para ler o teu xornal, unha conexión ADSL ou RDSI e Software para a edición de contidos Web. Existen máquinas diseñadas específicamente como servidores, pero son bastante caras e, se non tes previsto un gran número de conexións simultáneas, é posible utilizar outras opcións menos costosas. Se o teu colexio dispón dunha páxina web propia, xa tes o equipo necesario, ó que só habría que engadir o software específico de tratamento da imaxen., se é que non está xa instalado.

Para máis información pódese consultar a seguinte páxina: Creación dun xornal


E... ónde está Perry o noso dibuxo preferido?

luns, 24 de febreiro de 2014

Están sendo do voso interese as entradas que estamos subindo?Esperemos que así sean perryanos

A crise impulsa a presenza de maiores de 30 na Universidade

Un alumno distinto do vinteañeiro recén saido do instituto acude agora ás facultades españolas, cada vez en maior proporción e con un crecemento imparable na última década: ten máis de 30 anos e volve ou chega por primeira vez á universidade, en parte empuxado pola falta de oportunidades laborais, pero tamén porque nos países desenrolados a tendencia é que a poboación universitaria sea cada vez máis madura. En España, coincidiron coa crisis (dende 2007), os estudiantes dunha carreira de máis de 30 años creceron un 18,4%. Nos últimos 10 anos o aumento chega ata o 167%.
O fenómeno non é recente, ven producíndose durante a última década, pero, según os expertos, ampliouse pola crisis. “Nun momento co alto nivel de desempleo, a formación diferencia máis á hora de acceder a un trabajo ou conservarlo”, apunta Mariano Fernández Enguita, catedrático de Socioloxía na Universidade Complutense de Madrid. “O coste de oportunidad de estudar, ademáis, disminúe, porque a xente renuncia a un traballo que non lle satisface ou que directamente non ten”, señala. Do total de 1.450.036 estudantes matriculados nun grao no curso 2012-2013, un 17,6% ten máis de 30 anos, según os datos do Ministerio de Educación recollidos no informe Datos básicos del sistema universitario español, presentado a semana pasada. Un estudante maduro que heteroxeneizou a poboación dos campus: a maioría, un 42%, chega directamente do instituto (entre 18 e 21 anos) e un 27,9% enconcóntrase na franxa de edad dos 22 e 25 anos, pero os de máis de 25, que xa deberían haber acabado a carreira se a empezaran nada máis terminar o bacharelato (un grao dura catro anos e as antigas licenciaturas cinco), son xa o 30%, entre os que superaron a treintena e os que teñen entre 26 e 30 (que son un 12,3%). No caso dos másteres, o porcentaxe de alumnos maiores de 30 chega ó 35%, unha cifra similar á de cursos anteriores.
Un estudo dirixido en 2011 por Ariño e Ramón Llopis, titulado¿Universidad sin clases? Condiciones de vida de los estudiantes universitarios en España, diferencia dous grandes grupos de países: “Aqueles nos que os estudantes soen iniciar a súa carreira universitaria antes dos 20 (como Francia, onde representan o 90%) e aqueles nos que a maioría o fai entre 20 e 25 anos (en Finlandia, por exemplo, os menores de 20 anos non son máis do 1%)”. España sitúase no segundo grupo, con cada vez maior proporción de estudantes maduros. “Pero a situación española está moi lexos dos países nórdicos e non existe tradición de pospor o comezo da etapa universitaria”, señala Inés Soler, a investigadora que se ocupou do tema no informe. A formación a distancia é a opción maioritaria dos estudiantes maduros, que xeralmente ten que compatibilizala cun traballo u ocupacións familiares. Basta un dato: a UNED aglutina en torno ó 40% de todos os estudantes trintañeiros de grao dun país, según as cifras da propia Universidade a Distancia. 
Un elemento novo, que todavía non deu tempo a que se reflexe nos datos, pode trastocar esta tendencia é a fortísima subida de tasas de fai dous cursos, que supera o 60% en comunidades como Madrid e Cataluña. Ariño apunta que o perfil maioritario do alumno maduro é o que provén das clases sociales máis débiles, que busca unha segunda oportunidade nos estudios. “Cabe sospechar”, avanza o sociólogo, “que o encarecimento das carreiras va a acabar expulsando a ese colectivo”.

Para máis información podedes consultar o seguinte enlace: El país


E ónde está Perry, amigos?

Congreso móvil en Barcelona

Informe Perry!!!!!

¡Boas Perryanos! Hoxe comeza en Barcelona a octava edición do Mobile World Congress que durará do 24 ao 27 de este mes. É un congreso internacional que conta coa presencia de 200 países e 1800 empresas expositoras. Este luns a inauguración corre a conta do fundador de Facebook, Mark Zuckerberg e o cofundador de WhatsApp Jam Koum. Ambos están de actualidade pola compra de WhatsApp por parte de Facebook, que se realizou a semana pasada, por un coste de 19000 millóns de euros.

A conferencia tamén acudirá a presidenta de IBM Virginia Rometty.
Este é o link dos horarios e das distintas conferencias: AXENDA 2014
No xornal El País recollense as noticias máis relevantes: Mobile World Congress

Por certo.... Ónde está Perry?

domingo, 23 de febreiro de 2014

Cómo crear o teu propio xornal dixital

INFORME PERRY¡¡¡¡¡
Esta semana adicaremos esta entrada a falar sobre un programa denominado Genews, o cal permite crear e xestionar de forma sinxela o teu propio periódico ou revista online.
A través deste atractivo programa poderás deseñar a estructura do teu informativo, engadirlle publicidade, archivos de audio, vídeos, fotografías, diferentes gadgets, etc.

Genews permite, entre outras moitas opcións para personalizar a túa publicación, incorporar ó teu periódico a opción do multiidioma ca cal traducirá as túas noticias a outros idiomas para que non existan barreiras entre os teus lectores internacionais e ti, así como,organizar os contidos en diferentes seccións para facilitar así ó lector a busca de información.

Tamén incorpora espazos de discusión nos que o lector pode mostrar a súa opinión sobre as diferentes noticias. Este grado de interactividade constitúe un dos puntos máis favorables do periodismo dixital, pois permite estar informados de primeira man sobre os gustos ou tendencias dos lectores ademais de crear vínculos con eles.


É, na miña opinión, un programa moi útil e doado de manexar co que ata os máis pequenos se poderán iniciar na súa propia creación online. A continuación, deixo o enlace coa información detallada de cómo empregar Genews, e o enlace para entrar na paxina de Genews.

Enlace explicativo:
Explicación

Enlace a la pagina:
Genews

E con todo isto.... Ónde está Perry?

luns, 17 de febreiro de 2014

MOODLE


INFORME PERRY¡¡

Moi boas seguidores de Perry, con esta entrada vouvos a falar da aplicación Moodle. Moodle é unha aplicación web de tipo Ambiente Educativo Virtual, un sistema de xestión de cursos, de distribución libre, que axuda ós educadores a crear comunidades de aprendizaxe en línea. Este tipo de plataformas tecnolóxicas tamén  se coñecen como LCMS (Learning Content Mnagement System).

Esta plataforma baséase nun deseño das ideas do constructivismo en pedagoxia que afirman que o coñecemento se contrúe na mente do estudiante en lugar de ser transmitido sen cambios a partir de libros ou enseñanzas  é no aprendizaxe colaborativo. Un profesor que opera dende esta aplicación crea un ambiente centrado no estudiante que lle axuda a construir ese coñecemento coa base máis as súas habilidades e coñecementos en lugar de simplemente publicar e transmitir a información que se considera que os estudiantes deben coñecer.

Estas ferramentas son de grande utilidade no ámbito educativo, xa que permiten os profesores a xestión de cursos virtuais para os seus alumnos  ou a utilización dun espacio en liña que dea apoio á presencialidade. Outro factor beneficioso que ten é que respaldan a integración grupal, ó mesmo tempo que permite a conversacion privada entre os estudantes. Os estudantes poden contribuir á vez, ver as observacións e comentarios expresados polos demais... O único malo é que é necesario ter Internet para poder empregalo.

 Por certo, Moodle é unha aplicación gratuita, asi que só vos teríades que rexistrar no enlace Moodle e a disfrutar da ensinanza online

E con todo isto..... Ónde está Perry??

NOTICIAS

Boas Perryanos!!
Hoxe podemos ver nos periódicos que Google deberá pagar ós medios españois polas noticias que agrega en Google News, basándose na Lei de Propiedade Intelectual. Esta é unha reinvindicación que os editores de prensa  viñan facendo dende xa hai algún tempo. En Francia xa chegaron a un acordo e Google tivo que pagar 60 millóns de euros que foron a parar a un fondo que finanza proxectos de desenvolvemento web para axudar ós medios franceses a fomentar a innovación e realizar a transición dixital. Desta maneira Google esquivou a tasa dos enlaces no país veciño.

Tasa Google en Europa

Google News pagará a los medios por las noticias

Los editores celebran la "tasa Google"


E, ónde está Perry?